Mostrando el único resultado

Mariola Hermida

Reside en Fene. Traballa na Área Sanitaria de Ferrol como Técnico Especialista de Laboratorio.

O seu amor pola Poesía vén desde moi nova. Considérase poeta de miradas interiores, de balcóns que se abren para amosar a simplicidade das cousas pequenas elevándoas ao máis alto.

Formou parte do Obradoiro Literario de Fene a cargo de Eduardo Estévez durante dez anos. Tamén doutros Talleres de Lectura e de Escritura Creativa en Ferrol. Os seus poemas están espallados nalgunhas revistas literarias. Ten unha páxina en Internet na que publica Poemas e Microrelatos chamada Cinamomorosa.

Publicou dous poemarios, o primeiro en castelán Alrededor de uno mismo, no ano 1998 e o outro en galego Zurcindo Latexos, no ano 2014.

Sempre que pode colabora en recitais poéticos ou en presentacións culturais.


MÁS INFO DE LA AUTORA: Página web Mariola Hermida