Onde nacen os pexegueiros

13,00

Onde nacen os pexegueiros é un poemario dedicado á casa familiar paterna, observada a través duns ollos que miran agora con nostalxia aquel lugar, “O lugar do pexegueiro”. Recordos que van viaxando de atrás cara a adiante e de adiante cara a atrás, mesturándose entre eles.

É tamén unha homenaxe a toda a xente da aldea, ás súas vivencias, á súa loita e fortaleza, a toda esa sabedoría que nos foi transmitida.

E como non, un respecto grandioso pola natureza. De aí que estea presente ao longo do poemario.

“E abranguer a silueta da terra
no hórreo firme sostido por piares centenarios”

Onde nacen os pexegueiros.

Ilustracións: Ángel Fernández Hermida.

ISBN: 978-84-125779-8-3 Categoría: Etiquetas: , , ,
Onde nacen os pexegueiros - portada
Onde nacen os pexegueiros